Preguntas Frequentes

LerIA é un asistente de intelixencia artificial baseado en modelos de linguaxe de código aberto, nacido na Costa da Morte. Todo o que xestiona está aloxado nun datacenter propio en Carballo (A Coruña), onde os nosos servidores traballan para ti con datos que nunca abandonan Galicia.

Si. Todo o procesamento faise nun entorno completamente illado nos nosos servidores de Carballo (A Coruña). Non usamos servizos externos para inferencia nin almacenamento, polo que os teus datos nunca saen da nosa infraestrutura e non se comparten con terceiros.

Podes acceder directamente en leria.gal coas credenciais que recibiches.

Por debaixo do capó hai VLLM para inferencia, Redis como caché, PostgreSQL para persistencia e ChromaDB para memoria vectorial. Todo orquestrado con Kubernetes, para que a infraestrutura estea sempre actualizada sen downtime.